Tanaemyrmex Ashmead, 1905
publication ID |
https://doi.org/10.5281/zenodo.16951708 |
persistent identifier |
https://treatment.plazi.org/id/03E41C06-FF83-AB0B-AFB5-FDC52E4BCE96 |
treatment provided by |
Felipe |
scientific name |
Tanaemyrmex Ashmead, 1905 |
status |
|
Subxénero Tanaemyrmex Ashmead, 1905 View in CoL
Este subxénero caracterízase pola cutícula brillante, gáster pouco pubescente e o clípeo proxectado anteriormente nun lóbulo rectangular ( Cagniant, 1996). As obreiras maiores poden superar o centímetro. Ademais de Camponotus pilicornis (Roger, 1859) , hai outras tres Tanaemyrmex coñecidas en Galicia. Camponotus aethiops (Latreille, 1798) e Camponotus sylvaticus (Olivier, 1792) contan con algunhas citas galegas, sobre todo nas Rías Baixas ( Collingwood & Yarrow, 1969). Camponotus universitatis Forel, 1890 , unha parasita social sobre C. pilicornis e C. aethiops , foi citada en Verín ( Tinaut et al., 1992). As demais especies ibéricas no subxénero teñen unha distribución moito máis meridional.
— Camponotus pilicornis (Roger, 1859)
Distriḃese na Península Ibérica e sur de Francia ( Janicki et al., 2016). En Galicia coñécese de ḋas localidades en Pontevedra ( Collingwood & Yarrow, 1969) e de unha en Ourense ( Tinaut et al., 1992) ( Fig. 7 View Fig ). Dentro do subxénero, caracterízase por presentar quetas nas xenas, e cor alaranxado en cabeza, mesosoma e nalġn caso na base do gastro. Nas mostras galegas, a parte superior do mesosoma das maiores acostuma a estar escurecida ( Fig. 8). Todas as colonias estaban baixo pedras. Trátase dunha especie mediterránea de actividade crepuscular e nocturna.
No known copyright restrictions apply. See Agosti, D., Egloff, W., 2009. Taxonomic information exchange and copyright: the Plazi approach. BMC Research Notes 2009, 2:53 for further explanation.